Publicador de contidos
Publicador de contidos

Su Garrido Pombo: "Creo que a natureza vai volver ás cidades"

Su Garrido Pombo: "Creo que a natureza vai volver ás cidades"

'Patios de luz' fala do percorrido que supuxo a migración do rural ás cidades

O estilo de Su Garrido abrangue diversos xéneros con matices de bossa, folk, jazz ou latin

Su Garrido presenta o seu segundo traballo en solitario, 'Patios de luz'
G24.gal 17/04/2023 16:02

'Patios de luz' é o segundo disco en solitario de Su Garrido. Un disco en que os botóns de ouro e a herba de namorar invaden as rúas do pracer, en que as curuxas son alarmas que resoan no patio interior, ole a biscoito caseiro, sobre manteis bordados á man, e as ervellas, os feixóns verdes agatuñan polos farois. E quizais a horta do Berbés florecerá no centro outra vez. 

'Patios de luz' conta coa produción e os ruídos de patio de Marco Maril, o cello de Susanna Blanco e o saxo de Iago Ramilo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar