Susana Cendán: "Non é unha lista de artistas, amosamos aspectos que non se revelan normalmente no mundo da arte"

'Outras historias posibles' pode verse no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura en Santiago
Obras de Ana García Pan, Emilia Guimeráns, Anne Heyvaert, Tusi Sandoval, Blanca Silva e Laura Terré integran a mostra
Todas as artistas naceron nos anos 50, a exposición revisa e contextualiza a súa obra para completar o relato histórico
Na historia, pero especialmente na historia da arte, fáltannos mulleres. A estrutura do mundo da arte, minorizou, eliminou ou monosprezou o discurso de moitas artistas, que faltaron despois e faltan dos libros de historia. 'Outras historias posibles' é o título dunha exposición na Cidade da Cultura, comisariada por Susana Cendán que recolle a obra de seis mulleres nadas nos anos 50 e con relación con Galicia.