Cargando resultados...
'Iphixenia na porta do súper', teatro para salvar a sanidade pública
'Iphixenia na porta do súper', teatro para salvar a sanidade pública
Iphixenia na porta do súper é unha revisión do premiado texto do autor galés Gary Owen
A Compañía Humana produce a obra e o espazo escénico corre a cargo de As Dúas en Punto
A obra estréase mañá venres en Narón dentro do Festival de Monólogo Teatral SINGULAR
G24.gal
16/03/2023 15:03
Última actualización 16/03/2023 16:48
Un equipo moi novo é o que mañá estrea en Narón un texto dos máis premiados da última década, Ifixenia na porta do super, do galés Gary Owen. Un monólogo que denuncia os recortes sociais, sobre todo na sanidade, e que fai un paralelismo entre o mito clásico de Ifixenia e unha moza de barrio actual. A Compañía Humana produce o espectáculo que dirixe Sara Rey e que interpreta Alba Caneda.