Cargando resultados...
"Un neno 10". Analizamos a Nico González, o novo prodixio do fútbol galego
"Un neno 10". Analizamos a Nico González, o novo prodixio do fútbol galego
G24.gal
10/11/2021 11:50
Hai apenas nove anos un pequeno rapaz marcaba goles coma esta coa camisola do Montañeiros. Era Nico González, o fillo de Fran, en categoría alevín, xusto antes de que o Barcelona puxese os ollos nel. Josito, hoxe secretario técnico do Arteixo e vello coñecido do fútbol galego, foi un dos que o moldearon.
O neno foi medrando. Hoxe, aos dezanove anos, é un home feito e dereito no que moitos ven o sucesor natural de Busquets no Barça. Josito non lle pon límites. Por aptitudes e por actitude.
De momento, os primeiros pasos do coruñés no xigante club catalán son máis ca alentadores.