Publicador de contidos
Publicador de contidos

'Volcán e vida', a exposición dun fotógrafo local que revisa a erupción da Palma

'Volcán e vida', a exposición dun fotógrafo local que revisa a erupción da Palma

Abián San Gil pon o foco no poder devastador da natureza pero tamén na capacidade de recuperación dos afectados

Pódese ver no Teatro Afundación de Vigo ata o 16 de abril 

G24.gal 14/02/2022 14:48

Abián San Gil é un fotógrafo da illa da Palma especializado en turismo e paisaxe. Pero cando o volcán reventou, coma tantos outros profesionais da imaxe, centrouse en documentar o proceso día a día e ségueo facendo, porque a recuperación será longa. Pero para contribuir a esa recuperación tanto material como anímica da illa, fixo unha selección de imaxes da primeira etapa, desde que a terra reventou ata que volveu calar. O resultado é a mostra 'La Palma. Volcán e vida' se abre este 14 de febreiro no Teatro Afundación de Vigo.

As 45 imaxes da exposición reflícten tanto a forza devastadora da natureza como a capacidade de recuperación do ser humano. Resaltan desde Afundación que o achegamento ao suceso corresponde ao dunha ollada local. 

 "O volcán como exemplo e metáfora da resiliencia dunha sociedade que, ao igual que a propia natureza, se sobrepón e se reconstrúe unha e outra vez tras a adversidade máis feroz"

Na presentación o autor recoñeceu que moitas veces o proceso non foi doado pola forza devastadora da natureza e polo impacto que provocaba nun entorno natural e social tan próximo.

"Algunhas desas fotos facíalas mesmo chorando; lembro estar alí tremendo coa cámara na man e algúns compañeiros meus que non sabiamos que facer..., pero temos que asimilalo e vivir con iso, evidentemente." 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade