Ana Viqueira: "O bravú é a vangarda dende o propio"
Ana Viqueira: "O bravú é a vangarda dende o propio"
Este mes o ciclo Outono das Artes leva o documental Bravú XXX a 25 concellos da provincia da Coruña
O documental ten formato dun filme de estrada no que Xurxo Souto invoca o cosmos e o espírito do movemento trinta anos despois
Paola Beiro, Nuno Pico, Xosé Manuel Pereiro, Sés e Vacalouras, protagonistas ou herdeiros do bravú, participan no documental
'O bravú, ese latexo, segue en nós, vive en todas as persoas que seguen sentido a lingua, a terra e música xuntas'. Isto escoitámolo nos documental 'Bravú XXX', que conmemora os trinta anos do nacemento do bravú como movemento musical e cultural. A frase é de Xurxo Souto, un dos rostros e das voces deste movemento que hoxe nos acompaña aquí no plató canda Ana Viqueira, guionista e codirectora do documental