Motos solidarias para investigar o cancro de próstata e a saúde mental masculina
Motos solidarias para investigar o cancro de próstata e a saúde mental masculina
Os fondos recadados van á Fundación Movember, comprometida coa saúde dos homes
Motos clásicas e vintage percorren este domingo as principais cidades galegas cun fin solidario. Participan na XII carreira do Cabaleiro Distinguido que se celebra en localidades de todo o mundo para concienciar sobre o cancro de próstata e a saúde mental masculina.
As persoas participantes van elegantemente vestidas e locen os seus vehículos de dúas rodas co obxectivo de recadar fondos para a investigación médica. Na concentración de Lugo anularon varios percorridos pola choiva pero o tempo non afeou o espectáculo
Tamén se celebrou a Distinguish Gentleman's Ride nas cidades de Santiago e Vigo. Coa súa rechamante presenza logran tamén concienciar da importancia de avanzar no coñecemento destas doenzas e na súa curación.