130 anos do Obelisco, o máis emblemático dos reloxos da Coruña
A estrutura, que preside o Cantón Grande, está de aniversario
Aínda que poucos dos que hoxe pasan ao seu lado levantan xa a vista do móbil para consultalo, o reloxo do Obelisco segue marcando o día a día da cidade. Porque 130 anos despois este punto de referencia, segue funcionando coma o primeiro día.
As catro esferas que ten marcan a mesma hora, pero non sempre foi así. Por non falar de cando A Coruña e Madrid tamén se rexían por diferentes horarios. Eran apenas vinte minutos de diferenza que tamén se reflectían nestas esferas. Ata que en 1902 se decidiu unificar os horarios. Tamén creceu, porque o orixinal medía menos dos 18 metros que ten o actual.
Hoxe o Obelisco sopra as candeas, e faino cun desexo, contar con luz propia e seguir facendo historia.