Publicador de contidos
Publicador de contidos

Máis de 150 millóns de persoas elixen entre Lula da Silva e Bolsonaro no Brasil

Máis de 150 millóns de persoas elixen entre Lula da Silva e Bolsonaro no Brasil

Lula da Silva ten opcións de converterse en presidente da cuarta democracia do mundo nesta primeira volta

Os partidarios de Bolsonaro especulan coa posible fraude electoral e o ministro de Defensa pediu unha auditoría 

G24.gal 02/10/2022 14:30 Última actualización 02/10/2022 15:06

As eleccións no Brasil deste domingo convocan 156 millóns de electores e presentan varias singularidades: o voto é obrigatorio e non só son comicios presidenciais, senón que se elixen tamén os 513 membros da cámara baixa, un terzo do Senado. Pero dous nomes monopolízano todo: Jair Bolsonaro e Lula da Silva.

No Brasil non hai xornada de reflexión e os candidatos apuraron este sábado as súas opcións. O ultadereitista Bolsonaro fíxoo cunha mobilización de partidarios en moto. Nas enquisas ía en clara desvantaxe con respecto a Lula, pero, malia os deficientes datos económicos dos últimos tempos e unha xestión do coronavirus cuestionada, conta cunha base activista moi combativa.

 "Catro anos foi moi pouco para corrixir todo o que aconteceu nos gobernos anteriores e precísanse outros catro", sinala unha partidaria de Bolsonaro.

Lula da Silva remataba a campaña o sábado á tarde en San Paulo mobilizando miles de persoas. O líder do Partido dos Traballadores opta a un terceiro mandato, que significaría un renacemento político triunfal tras pasar polo cárcere. As sondaxes outórganlle algo máis do 50 % dos votos e falta por saber se conseguirá acceder á presidencia nesta primeira volta.

"Vai ser na primeira volta e vai ser con máis do 55 %. É o que o meu corazón di", proclama unha seguidora de Lula.

A outra das incógnitas é se Bolsonaro aceptará os resultados en caso de derrota definitiva xa este domingo. No seu ámbito político leva especulándose coa idea da fraude electoral nunha liña que algúns analistas relacionan co que fixera Donald. Trump. En todo caso, as urnas teñen a palabra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade