Publicador de contidos
Publicador de contidos

As axudas europeas para reforma de vivendas van beneficiar 16.000 familias galegas

As axudas europeas para reforma de vivendas van beneficiar 16.000 familias galegas

As axudas directas van desde o 35 ata o cen por cento do importe da obra

Son 157 millóns de euros, que se poderán solicitar a partir de xaneiro

A demanda de reformas das vivendas medrou un 45 %
G24.gal 13/12/2021 14:39

Nun laboratorio de deseño e reformas pasaron de atender un cento de peticións anuais a case duplicalas. O confinamento animou as reformas de vivendas en  busca dunha nova redistribución dos espazos e do aforro enerxético.

"A maioría das vivendas son antigas as distribucións e a forma de usar as casas non é a mesma", explica Verónica Rodríguez, propietaria deste estudo. Do que se trata, di, é de "modernizar as formas de uso das casas e adaptalas as necesidades actuais"

A demanda medrou un 45 % e o sector afronta un novo impulso coa posta en marcha do plan europeo de rehabilitación de vivendas. "As axudas animan a xente a tomar a decisión de reformar as súas casas, tanto a nivel de interiores coma eficiencia enerxética", comenta José Francisco Corral, propietario dunha empresa de reformas.

Axudas que van desde o 35 ata o 100 por cento do importe da obra. "O aforro enerxético mínimo ten que ser dun 30 por cento nas rehabilitacións integrais", explica a Conselleira de Vivenda. Ángeles Vázquez avanzou que "son 157 millóns que se poden pedir a partir de xaneiro"

En Galicia beneficiaranse destas axudas unhas 16.000 familias. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade