Publicador de contidos
Publicador de contidos

Vinte e un quilómetros a pé ou en bicicleta pola vía verde máis longa de Galicia

Vinte e un quilómetros a pé ou en bicicleta pola vía verde máis longa de Galicia

O treito inaugurado percorre os concellos de Cerceda, Tordoia, Ordes e Oroso

Setecentas persoas inauguraron a vía este domingo

A vía verde ao seu paso pola estación de Parada (Ordes)
G24.gal 04/09/2022 14:53 Última actualización 04/09/2022 15:17

Vinte e un quilómetros de vía verde, entre Cerceda e Oroso foron inaugurados esta mañá cunha andaina cicloturista na que participaron 700 persoas. Construída sobre a antiga vía do tren entre Santiago e A Coruña esta é vía verde máis longa de Galicia.

Hai máis de 15 anos que por estas vías non pasa o tren. O novo trazado do Eixe Atlántico deixou sen uso o camiño de ferro inaugurado no ano 43 e que hoxe se volvía inaugurar sen vehículos motorizados.

Cun orzamento de case 2 millóns de euros do Ministerio para a Transición Ecolóxica a vía ten xa 21 quilómetros transitables e en proxecto está o treito que une Oroso con Santiago.
Moitos dos veciños xa levan meses percorréndoa e saben que non ten límite de idade.

A ruta transcorre polos concellos de Cerceda, Tordoia, Ordes e Oroso, con áreas de descanso nas antigas estacións. Nesta xornada eran 700 as persoas inscritas para percorrela.

Xa non se escoitarán bruar as locomotoras á saída do túnel pero poderase percorrer recordando que durante décadas o tren circulaba por aquí, paraba a cada pouco, e levaba moitos dos pasaxeiros que hoxe a fixeron a pé. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade