Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os farmacéuticos destacan o seu labor social na celebración do seu día mundial

Os farmacéuticos destacan o seu labor social na celebración do seu día mundial

En España hai preto de 80.000 farmacéuticos colexiados

"Consulte ao seu farmacéutico" máis que un slogan é a realidade do seu día a día

A asistencia farmacéutica vai máis alá da dispensación de fármacos
G24.gal 25/09/2024 14:59

" Eu penso que facemos un labor moi importante porque aí sendo sempre o primeiro elo diante da xente que vén e que quere unha información sanitaria que ao mellor noutros estamentos non consegue", explica Natalia Martínez, titular da farmacia Milladoiro.

No Día Mundial do Farmacéutico recoñecemos o traballo dos que son moito máis que simples dispensadores de medicamentos porque tamén fan un importante labor social e humano

 "Aínda que só sexa para medir a tensión cóntanche a súa vida, hai moita xente soa", conta a farmacéutica

"Ata ás veces lerlles a cartilla do banco, que non a entenden, e explicarlles cando saldo teñen na conta", engade María José García, titular da farmacia Castiñeiriño.

"Á maioría dos pacientes xa os coñecemos, sabemos cales son as súas circunstancias e tamén tratamos de axudarlles nese sentido", apunta Natalia Martínez.

Ese trato persoal e sobre todo próximo é algo que agradecen os clientes.

 "Eu tan pronto entro por aquí, entro coma se fose na miña casa, igual".

 "É un punto de referencia habitual en que os veciños acudimos aquí moi a diario".

"Calquera dúbida que eu teña tratan de solucionala, si, si", contan varias clientas.

"Ves que está mal, que está só, que ao mellor tampouco ten un acompañamento familiar que o poida axudar, e entón claro pois chamámolo moitas veces de aquí da farmacia. Que tal estás?", insiste Natalia.

Preocúpanse porque tomen correctamente a medicación pautada e incluso llela organizan.

"Ese asesoramento é o pan de cada día", di María José García.

O labor social non o aprenden durante a carreira, pero é o que máis satisfaccións lles achega.

"Se simplemente nos dedicásemos a dispensar ibuprofenos e paracetamol, pois sería moi triste, non?", conclúe Natalia Martínez, titular da farmacia Milladoiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos