Publicador de contidos
Publicador de contidos

A falta de compoñentes nas fábricas provoca que 250.000 vehículos queden sen entregar

A falta de compoñentes nas fábricas provoca que 250.000 vehículos queden sen entregar

O consumidor terá que pagar máis por eles pola volta do imposto de matriculación

Nos concesionarios agardan unha progresiva volta a normalidade

Ademais de agardar, os compradores terán que pagar máis polo imposto de matriculación
G24.gal 13/12/2021 19:38

Os que quixeron comprar coche nos últimos meses non o tiveron nada doado. Algúns terán que agardar polo seu ata abril do vindeiro ano ante a falta de stock. A causa son os problemas das grandes industrias para fabricalos pola falta dos compoñentes que importan de Asia.

Segundo datos dos concesionarios, Galicia acumula unha lista de espera de máis de 5.000 vehículos, unha cifra que sobe ata os 250.000 se falamos do conxunto de España. Esta crise prexudica o sector, pero tamén os consumidores, que teñen que agardar a que o seu coche chegue da fábrica.

Ao ter que matriculalo xa en 2022 perden a actual exención do imposto de matriculación, o que lles vai supoñer un importante sobrecusto. No sector din que unha prórroga podería animar as vendas e compensar a caída dun 33 por cento que rexistraron as matriculacións este ano. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar