Publicador de contidos
Publicador de contidos

300 maiores comparten xuntos estas festas dentro do programa Xuntos polo Nadal

300 maiores comparten xuntos estas festas dentro do programa Xuntos polo Nadal

Esta iniciativa ofrece o aloxamento en réxime de pensión completa desde o día 24 de decembro ata o día 7 de xaneiro para maiores de 60 anos

G24.gal 27/12/2023 17:19

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, visitaron este mércores a residencia de Tempo Libre de Panxón, en Nigrán, con motivo da campaña Xuntos polo Nadal.

Esta iniciativa autonómica ofrece o aloxamento en réxime de pensión completa desde o día 24 de decembro ata o día 7 de xaneiro para maiores de 60 anos.

A convocatoria de 2023 contou con 270 prazas repartidas entre as dúas residencias de tempo libre coas que conta a Consellería de Política Social e Xuventude, en Nigrán e O Carballiño.

"Estes días tan especiais non se poden pasar sós. É importante que estean xuntos e o importante é que o pasen ben e gocen. Despois de todo o que deron na súa vida, agora teñen todo o dereito a que devolver e esta é unha pequena mostra", dixo Rueda aos usuarios deste servizo.

O presidente autonómico asegurou que estas visitas e ver que "o están pasando ben" lle cargan as "pilas".

Os beneficiarios deben ter máis de 60 anos, estar empadroados nalgún concello galego, vivir sós no seu domicilio e pasar sen compaña as datas do Nadal, valerse en por si e non padecer unha enfermidade transmisible con risco de contaxio, nin trastornos mentais ou de conduta non compensados que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da estadía.

O programa de actividades é variado e inclúe propostas como actuacións musicais, sesións de cinema, bailes, talleres, campionatos de cartas, excursións ou sesións de risoterapia e de ximnasia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos