Máis de trinta detidos polos disturbios da noite en Dublín

As manifestación producíronse logo dun apuñalamento a 4 persoas, tres delas eran menores

Incidentes en Dublín Incidentes en Dublín
G24.gal 24/11/2023 09:43

Trinta e catro persoas foron detidas en Dublín tras os disturbios da onte á noite. Catro persoas, tres delas menores de idade, foron apuñaladas na capital irlandesa por un home que está sendo investigado, segundo informa a Garda (policía irlandesa) O ataque produciuse fronte a un centro escolar en Parnell Square East.

Despois dos apuñalamentos seguiu unha manifestación de grupos antiinmigración nos arredores do lugar onde se produciu o suceso, ao norte da cidade. Algúns manifestantes eran identificados como de extrema dereita. Dedicáronse a lanzar bengalas e fogos de artificio, ademais de saquear bares e restaurantes. Segundo informa o comisario da Garda, Drew Harris, 13 tendas sufriron danos importantes e saqueos, mentres que 11 vehículos policiais tamén están danados.

Dos catro apuñalados de onte, hai unha nena de 5 anos en estado de gravidade e unha traballadora do centro de 30 anos está recibindo atención por lesións graves. Un policía tamén quedou ferido nos disturbios

As violentas protestas resultaron no peche de varias rúas e os servizos de ferrocarril e tranvía deixaron de operar algunhas rutas.

Pola súa parte, o presidente irlandés Michal D. Higgins, expresou a súa preocupación polas vítimas do "horroroso" apuñalamento e eloxiou a actuación da policía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade