Cargando resultados...
340 millóns de cidadáns europeos están afectados por un seca histórica
340 millóns de cidadáns europeos están afectados por un seca histórica
A situación é grave en máis dunha ducia de países e un 17 % do territorio do continente está en situación de alerta extrema
G24.gal
13/08/2022 13:25
Última actualización 13/08/2022 13:40
A seca en Europa afecta a 340 millóns de persoas e ao 47 % do territorio, o que obriga a adoptar medidas excepcionais no uso da auga e da enerxía.
En Francia activouse unha unidade gobernamental de crise para facerlle fronte á situación. O Reino Unido vive o verán máis caloroso desde 1935 e a seca impacta en boa parte do seu territorio, como se comproba nas imaxes por satélite. En Portugal, o 100 % do país oscila entre a secura extrema e a severa nun verán marcado de novo polos incendios forestais.
En países como Eslovenia, Suíza, Luxemburgo, Croacia e Bosnia esta situación afecta xa ao 90 % da poboación.