Cargando resultados...
4.000 persoas divírtense na carreira Runki da Coruña pola integración
4.000 persoas divírtense na carreira Runki da Coruña pola integración
A recadación permitirá que tres rapaces con parálise cerebral participen no maratón de Nova York
G24.gal
05/06/2022 15:16
Última actualización 05/06/2022 15:27
Máis de catro mil persoas apuntáronse para participar na primeira edición da carreira Runki, que aspira a convertese nun referente para a inclusión das persoas con diversidade funcional. O único requisito para os participantes: levar un disfrace e unha capa de superheroe para percorrer os sete quilómetros da proba, que partiu de Riazor e transcorreu polo paseo marítimo.
Unha decena de colectivos de running adaptados viaxaron á Coruña desde diversas partes de España para participar na Runki, organizada polas fundacións ENKI e Adcai. A carreira rematou cunha gran festa na praza de María Pita.