Publicador de contidos
Publicador de contidos

Inés Rey: "Queremos ser referencia en inclusión e a mellor maneira é a través do deporte"

Inés Rey: "Queremos ser referencia en inclusión e a mellor maneira é a través do deporte"

A carreira dos superheroes xuntará na Coruña a máis de catro mil atletas

G24.gal 04/06/2022 11:50

 

 

 

O protagonista do Convivir Deportivo deste sábado é ENKI, un proxecto que naceu hai oito anos co obxectivo de converterse nun referente deportivo modelo de inclusión e participación de persoas con diversidade. 

Entre os protagonistas que pasaron polo espazo presentado por Alfonso Pardo están os marines José Luis Fernández e Rocío Alfonso, así como a alcaldesa da Coruña, Inés Rey. Todos analizaron a carreira dos superheroes, un evento que converterá A Coruña na capital do deporte inclusivo. Máis de 4000 atletas percorrerán o domingo os sete quilómetros que separan o estadio de Riazor da praza de María Pita.

Rocío falou do que é ser un marine ENKI

"O proxecto dos marines nace dunha dificultade e que tiñamos para participar nas carreiras cos nosos fillos e con esta fundación, como todos son facilidades, pois así o fixemos"

Jose Luis Fernández tamén explicou a necesidade de deporte adaptado e inclusivo.

"É moi importante que os nosos fillos se sintan parte dun equipo, ao mesmo nivel que o resto de deportistas, convivindo coa xente que está a correr. E tamén darlle a oportunidade a outros nenos, cuxos pais non compiten a que poidan correr grazas aos nosos voluntarios, aos marines"

Por último, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, explicou a relevancia desta carreira que mañá percorrerá parte da cidade herculina.

"Somos e queremos ser referencia de inclusión, e iso pasa tamén pola visibilización. Colaboramos coa Fundación Abrente en moitas cousas pero cando me viñeron a presentar o proxecto da carreira RUNKI non o dubidamos. A mellor maneira de ser inclusivos é a través do deporte. Esta é unha cidade que se presta ao deporte, somos un estadio multiúsos natural, cos nosos espazo e aproveitalo nun proxecto que apoie a inclusión é un todo. O Concello apoia, como non podía ser doutro xeito"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos