Publicador de contidos
Publicador de contidos

A carreira inclusiva Runki reúne 4.000 persoas na Coruña

A carreira inclusiva Runki reúne 4.000 persoas na Coruña

Preto do 10 % do total foron participantes con algunha discapacidade

G24.gal 14/05/2023 14:42 Última actualización 14/05/2023 15:06

A carreira Runki volveu ao asfalto da Coruña para apoiar o deporte como ferramenta inclusiva. Milleiros de persoas sacaron do armario as súas capas de superheroes e completaron a proba, con final na praza de María Pita.

Levar un disfrace é o único requisito para formar parte de Runki, un proxecto nacido da ilusión do colectivo Marines Enki, que arelaba reunir nunha mesma carreira os colectivos que corren con carros de running en España.

Deporte, saúde e inclusión. Runki naceu para que este trinomio se instale definitivamente na sociedade, para que todos os que queiran colocar un dorsal e cruzar unha liña de meta poidan facelo, camiñando, correndo ou sobre rodas.  

Os cartos recadados permitirán facer realidade os soños deportivos de persoas con diversidade funcional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade