50 aniversario da creación do belén de Begonte
50 aniversario da creación do belén de Begonte
Abriu este sábado ao público e máis de 40.000 persoas van visitalo cada ano
Ramiro, Carlos e Sito, os tres veciños de Begonte encargados do mantemento do Belén, non cren que o papa Francisco se anime, finalmente, a vir para coñecer o nacemento, pero convidado está.
Eles poñen toda a súa vontade para que esa visita sexa real e tamén para que cada ano o belén volva funcionar, e sempre cunha sorpresa, cunha nova figura en movemento; este ano é a que saca auga do pozo.
O belén creouse no 1972 de man dun crego e un profesor de formación profesional, Xosé Domínguez e Xosé Rodríguez. Dende aquela non deixou de funcionar ningún ano.
A malla, a cocción do pan ou o serradoiro son algúns dos labores cotiáns do agro galego que se representan neste nacemento. Mulleres e homes desenvolvendo os seus labores a carón do pesebre humilde que acubilla a familia e o neno acabado de nacer.
Abre todas as fins de semana dende hoxe ata finais de xaneiro; e dende o 22 do Nadal ata o 6 de xaneiro abre diariamente. A entrada segue sendo de balde, mantendo o espírito co que se creou.