60 empresas buscan talentos na Feira de Emprego IFFE, en Oleiros
Candidatos e empresas entran en contacto con entrevistas breves
A feira inclúe obradoiros con técnicas para destacar nos procesos de selección
De Hijos de Rivera a Decathlon, 60 empresas andan á caza de talento estes días no pazo das Cadeas de Oleiros.
"Nós seleccionamos perfís medios e directivos, especialmente en áreas comerciais, de tecnoloxía e de enxeñería" explica Miguel Romero, recrutador da consultora Michael Page Galicia.
"Nós miramos moito a actitude do entrevistado e no que queren destacar do seu perfil"
engade Nuria Bregua desde o stand da empresa Vegalsa.
Entre os candidatos atopamos a Fran, una enxeñeiro con experiencia que aproveita a cita para amosar o seu potencial ante as empresas. "O meu perfil é demandado, segundo din as consultoras, por iso estou tranquilo e contento, son unha boa oportunidade para eles", di Fran.
Isabel quere iniciar a súa carreira profesional. Antes das entrevistas visita a zona de formación, onde aprende técnicas para destacar nos procesos de selección. "Fun a charlas formativas para actualizar o meu currículo, para presentarme na rede Linkedin e recibín consellos para non pasar desapercibida nas entrevistas, non caer no esquecemento, o noso principal temor", explica esta estudante de Comercio internacional.
Obradoiros, conferencias e entrevistas cara a cara para mellorar a empregabilidade dos máis novos, pero tamén daqueles traballadores que buscan un cambio na súa traxectoria profesional.