6.000 escolares participaron nun concurso para aprender a defenderse dos ciberataques

Esther Estévez foi elixida para presentar a ceremonia de premios

G24.gal 03/11/2023 11:52 Última actualización 03/11/2023 12:32

6.000 escolares de toda Galicia participaron no Concurso de Cibergal que pretende difundir entre os menores as boas prácticas en Internet para evitar calotes, ciberacoso ou ataques informáticos.

Aprenderon a afastar os que a nosa compañeira Esther Estévez denomina cibercarrachos. Foi ela a encargada de conducir, na Cidade da Cultura, o acto para agasallar os finalistas do concurso.

Os responsables do AMTEGA, a Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia, avisaron de que os ataques de piratas da Rede se multiplican e que os usuarios deben aprender a protexerse.

"Do ano pasado a este ano recibimos un aumento do 600 % en ataques de negación de servizo, é dicir, en tentar tirar as nosas páxinas web ou os distintos servizos. Temos unha serie de ferramentas que nos permiten defendernos deste tipo de ataques, 40 millóns nos dez meses que levamos de ano", dixo Adrián Lence Paz, o director de Infraestruturas e Ciberseguridade da AMTEGA.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade