Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os ciberataques nas empresas aumentaron nun 24 % en España durante o ano pasado

Os ciberataques nas empresas aumentaron nun 24 % en España durante o ano pasado

As pequenas e medianas empresas aumentan o seu gasto en seguridade informática para protexerse

As técnicas dos ciberdelincuentes son cada vez máis sofisticadas

G24.gal 11/10/2024 14:36

As pequenas e medianas empresas son cada vez máis o obxectivo das estafas dixitais. A súa vulnerabilidade fai máis doado este tipo de ataques que non deixan de medrar. 

O acceso aos sistemas de información da empresa, roubo dos datos persoais dos empregados e conseguir cartos son os obxectivos dos autores dos ciberataques, en moitas ocasións grupos organizados que actúan a nivel internacional. 

Ante o aumento dos cibertaques, o gasto das medianas e pequenas empresas en persoal, softwares e outras ferramentas de ciberseguridade creceu exponencialmente. Con todo, hai que ter en conta as proteccións básicas que ás veces as empresas pasan por alto. 

Os novos riscos e ameazas requiren de novas formas de combater os ciberataques. Disto toman nota empresas e autónomos que cada ano incrementan o seu gasto en protexerse dos ciberdelincuentes. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade