Publicador de contidos
Publicador de contidos

Endesa sofre unha brecha de seguridade que pode afectar datos de clientes

Endesa sofre unha brecha de seguridade que pode afectar datos de clientes

A incidencia foi notificada á Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) o pasado 13 xuño e resolveuse no mesmo día

A empresa pide prudencia fronte a chamadas ou correo electrónicos que se reciban

Imaxe de arquivo (EFE/Daniel González) Imaxe de arquivo (EFE/Daniel González)
G24.gal 27/06/2024 20:14

A enerxética Endesa comunicou aos seus clientes que sufriu unha brecha de seguridade que podería afectar aos seus datos persoais e de contacto, un incidente que se resolveu no mesmo día, polo que calquera inconveniente sería moi limitado.

A comunicación está a facerse por correo postal, SMS ou correo electrónico, segundo o modo de comunicación que cada cliente teña establecido con Endesa Enerxía.

A incidencia foi notificada á Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) o pasado 13 xuño.

A compañía pide na súa comunicación que adopten precaucións ante chamadas ou correos electrónicos que poidan recibir.

Iberdrola, a outra gran eléctrica do país, tamén sufriu un ciberataque a comezos de maio, que expuxo datos persoais "non sensibles", senón de contacto, duns 850.000 clientes en España.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade