Iberdrola presenta récord de beneficios, con máis de 4.100 millóns no último semestre
Iberdrola presenta récord de beneficios, con máis de 4.100 millóns no último semestre
A cifra de investimentos foi de 5.276 millóns e o pago de impostos de 5.300 millóns
O sector enerxético español está presentando resultados. Desta vez ofreceu datos Iberdrola, que presentou resultados do semestre sen deixar de crecer e con tres novos récords: en beneficios, en investimentos e no pago de impostos.
O beneficio neto semestral foi de 4.134 millóns; a cifra de investimentos, de 5.276 millóns, e o pagos de impostos, a cifra máis avultada de todas, de 5.300 millóns.
A que xa é a segunda compañía eléctrica do mundo segue coa súa despregadura internacional (especialmente no Brasil, Estados Unidos e Gran Bretaña).
Os datos ofreceunos o propio presidente de Iberdrola, Ignacio Galán, quen fiou o seu éxito a tres eixos: a proxección internacional, o negocio da rede de distribución e o bombeo hidráulico. Son a clave destas boas cifras que non só compiten, senón que superan con creces os resultados de todos os competidores españois do sector xuntos.