7.539 persoas convocadas este sábado en Silleda para aspirar a 228 prazas públicas
Nesta convocatoria está previsto cubrir 21 prazas da especialidade de educador social do subgrupo A2, 83 da escala de persoal de servizos xerais C2 e 124 prazas para a escala de axentes técnicos facultativos de educación infantil
Un total de 7.539 persoas aspiran a participar nas oposicións de emprego público programadas para esta fin de semana no recinto da Feira Internacional de Silleda. Os opositores aspiran conseguir unha das 228 prazas da Xunta.
Na convocatoria das nove da mañá do sábado está previsto cubrir 21 prazas da especialidade de educador social do subgrupo A2, ás que están convocadas 810 persoas.
A partir das 15:30 horas será a quenda dos 3.907 aspirantes convocados para 83 prazas da escala de persoal de servizos xerais C2.
O domingo 9 de marzo ás 09:00 horas haberá o proceso selectivo para a escala de axentes técnicos facultativos de educación infantil, no que están rexistrados 2.822 aspirantes para 124 prazas.
Desde o último trimestre de 2023 ata o de agora, convocáronse 40 procesos selectivos, dos que 22 foron de acceso libre, 15 de promoción interna separada e tres para persoas con discapacidade intelectual.
O total de prazas convocadas relativo a este proceso ascende a 1.495 e houbo 21.534 solicitudes, explica a Xunta.