Publicador de contidos
Publicador de contidos

79 voluntarios recibiron as medallas ao mérito de Protección Civil por 25 anos de servizos

79 voluntarios recibiron as medallas ao mérito de Protección Civil por 25 anos de servizos

No acto celebrado na Estrada, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou que o Executivo galego investiu en Emerxencias máis de 22 millóns de euros desde 2009

Acto de entrega das medallas de Protección Civil na Estrada, coa asistencia do presidente da Xunta
G24.gal 29/06/2024 17:32

Na Estrada entregáronse 21 medallas de bronce, oito medallas de prata, unha delas a título póstumo, tres placas de prata e dúas medallas de ouro: unha do ano 2023 para Manuel Silva (a título póstumo) e unha do ano 2024 para Carlos García Touriñán.

"Creo que temos moitas razóns para estar orgullosos da nosa Protección Civil, eses miles de persoas que traballan como en ningunha outra comunidade autónoma", afirma.

Rueda destaca que o Goberno galego leva investidos en Emerxencias máis de 22 millóns desde 2009 en axudas para custos de financiamento, formación e dotación de material e equipos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade