Publicador de contidos
Publicador de contidos

A área sanitaria de Ourense xa acadaría o pico máximo de casos activos da pandemia

A área sanitaria de Ourense xa acadaría o pico máximo de casos activos da pandemia

Con 9 persoas ingresadas no UCI a área de Ourense é que ten unh maior porcentaxe de camas ocupadas, un 12,15%

Comezan a descender paulatinamente o número de casos activos, 500 menos en dous días

7.753 casos acctivos na provincia, 219 menos que na xornada anterior

 

Os contaxios dan un respiro na área sanitaria de Ourense.
G24.gal 23/01/2022 14:33

A cidade coa máis incidencia acumulada é a de Ourense, pero tamén se albiscan gromos verdes.

Na área sanitaria de Ourense hai hoxe 9 persoas ingresadas naunidade de críticos, o que supón un 12,16% das camas ocupadas, a maior ocupación nas ICI de toda Galicia. En hospitalización hai 73 persoas,  a maioría de entre 50 e 70 anos con patoloxías previas.

O positivo é que segundo os datos da xerencia semella que xa se acadouo píco de contaxios e que por fin  comezan a descender, de feito, hoxe hai 7,753 casos activos na provincia de Ourense, e nestes dous últimos días baixaron en 500.  Iso si, a taxa de positivade, segue sendo moi alta sobre todo, na cidade de Ourense.  

Os últimos datos de casos positivos da covid dan por fin un respiro na área sanitaria de Ourense, con 7.753, 219 menos que onte.

Félix Ruibal, xerente da área sanitaria de Ourense, O Barco de Valdeorras e Verín:  "Parece que teriamos acadado o venres pasado o pico de casos na pandemia e estamos iniciando unha paulatina senda decrecente. Estes dous días acumulamos 500 casos menos que representa aproximadamente 8% de descenso. Pero con todo, no día de onte case se detectaron 600 novos casos activos, seguimos tendo unha alta incidencia" 

Preocupa sobre todo, a presión hospitalaria nas unidades de coidados intensivos, a máis alta de Galicia.

"Neste momento temos nove persoas hospitalización crítica, en unidades de coidados intensivos. E temos algo máis de 70 en hospitalización convencional. O perfil das persoas que están en unidades de coidados intensivos son persoas entre 50 e 70 anos, con factores de risco, fundamentalmente, diabete, obesidade, algunha patoloxía renal e hipertersión·", explica Félix Ruibal. 

Pero o número de casos que acaban na ICI é 10 veces menor que en anteriores ondas. Con 3.320 casos activos Ourense é a cidade coa taxa de positividade máis alta, un 13%.

"A taxa de positividade é a máis alta de Galicia nestes momentos, sobre todo, na cidade de Ourense, porque afecta fundamentalmente ao grupo de persoas máis mozas, menores de 29 anos, que precisamente empezamos a inmunizar no día de mañá. Polo tanto, facer un chamamento loxicamente á vacinación da poboación", afirma o xerente da área sanitaria de Ourense, O Barco de Valdeorras e Verín. 

Baixan tamén os casos nas vilas da provincia onde están moi pendentes da decisión do comité clínico sobre o protocolo do Entroido. 

"Agardemos loxicamente que a situación epidemilóxica que é a que vai marcar as decisións faga que podamos disfrutar dun Entroido o máis normal posible dentro das circunstancias", asegura Félix Ruibal. 

Casos activos na área sanitaria de Ourense: 

- Verín: 384

- Xinzo de Limia: 229 

- Monterrei: 40 

- Barbadás: 390

- O Barco de Valdeorras:  379

- Allariz: 269

- Celanova 159

- Ribadavia 135

-Ourense: 3.320

 

Con 9 persoas ingresadas no UCI a área de Ourense é que ten unh maior porcentaxe de camas ocupadas.
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos