Publicador de contidos
Publicador de contidos

A actividade diminúe esta xornada nas prazas de abastos, á espera de que remonte para Noitevella

A actividade diminúe esta xornada nas prazas de abastos, á espera de que remonte para Noitevella

G24.gal 26/12/2023 13:54

Despois das enchentes tan frecuentes na cea de Noiteboa e na comida de Nadal, moitos deciden darlle un descanso ao corpo antes da Noitevella.

"Hai que coidarse un pouco máis, hai que rebaixar a cantidade de comida e ser un pouco máis saudables", di un cliente do mercado de Pontevedra.

"A xente leva para facer un caldiño, unha sopa, e pouco máis. Un pouquiño de polo...", conta unha vendedora.

Iso é que compran os poucos que van hoxe ao mercado. Non hai peixe fresco, e nos postos de carne e verduras e froitas a actividade é mínima. 

"Non hai ninguén. Aínda están coa resaca", asegura unha compradora. Nos postos que están abertos, os prezos mantéñense. 

"Na carne xa non hai o movemento de prezos tan grande coma noutros produtos", asegura un carniceiro.

A froita e a verdura tamén rexistran prezos semellantes aos de días pasados, polo momento, esta semana, segundo nos contan, nin sequera subiron moito as uvas.

"De momento están ao prezo da semana pasada, contamos con que quede aí estancado. Está a 5,75 a normal con pebida e a 6,50 a sen pepbida", di unha vendedora.

Tras esta xornada de transición, os mercados prepáranse para as vendas da próxima cita gastronómica importante nestas festas: a cea de Noitevella. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos