Publicador de contidos
Publicador de contidos

A adherencia á dose de reforzo en maiores de 70 anos achégase en Galicia ao 80%

A adherencia á dose de reforzo en maiores de 70 anos achégase en Galicia ao 80%

Supera o 70%, no caso das segundas doses de Janssen

Os datos demostran que a vacinación frea os ingresos en UCI e divide por oito o risco de morte

G24.gal 02/12/2021 13:30

Avanzar na vacinación, din os inmunólogos, é como reforzar pouco a pouco un valado, cada vez máis sólido, para que que á covid lle custe franquealo. Así que, xunto cos datos de incidencias e da hospitalización, no subcomité clínico de mañá van analizar a influencia das terceiras doses de reforzo para conter a transmisión.

 

 "Estamos nun 77% de doses de reforzo entre as persoas de 70 ou máis anos. Un 71% das persoas ás que lles administramos esta dose de reforzo e estaban vacinadas previamente con Janssen", explica a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo.

Cos grandes centros a toda máquina, poñendo a terceira picada aos de entre 60 e 69, están convocando xa para a 3ª sanitarios e persoal esencial, e a partir do 13, chegan as dos nenos. 

 "E con todas estas variables estamos tentando desde Saúde Pública realizar un modelo preditivo de cal podería ser a evolución en hospitalización e unidades de coidados intensivos".


Os datos falan e sabemos que cunha incidencia similar, a estas altura do ano pasado, morrían por covid 8 persoas ao día. A atención está posta tamén na entrada da nova cepa. Non hai ningún caso detectado desta variante ómicron.

 

"Se ben é certo que Galicia xa está preparada e estamos dobrando o número das PCR para realizar unha detección se houbese algún caso", explica Carmen Durán.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos