A afluencia desborda a vintena de postos habilitados en Galicia para as probas PCR
A afluencia desborda a vintena de postos habilitados en Galicia para as probas PCR
Sanidade puxo 24 puntos para realizar diagnósticos gratuítos e sen cita previa
Galicia conta con 24 puntos habilitados para facerlle á cidadanía probas diagnósticas gratuítas e sen cita previa.
Lugares que, coma este de Vigo, acumulan cada día milleiros de persoas agardando en longas ringleiras para facer unha PCR.
24 espazos habilitados en hospitais, en auditorios e tamén en estacións de trens e aeroportos. Unha maneira de dar resposta á gran demanda que existe entre a cidadanía e que en puntos coma este de Vigo, consideran insuficientes.
A mesma imaxe atopamos nos exteriores do hospital provincial de Pontevedra. Aquí as ringleiras neste punto de probas tamén son moi longas. Os que peor o levan son as persoas que se achegan ata aquí con nenos pequenos para someterse á proba.