Publicador de contidos
Publicador de contidos

A afluencia masiva de público ao Son do Camiño provoca atascos en Santiago

A afluencia masiva de público ao Son do Camiño provoca atascos en Santiago

G24.gal 16/06/2022 18:53 Última actualización 16/06/2022 19:21

O primeiro día do Son do Camiño comezou coas estradas de Santiago de Compostela a ritmo lento.

As vías de acceso ao Monte do Gozo e as súas inmediacións están saturadas polo tráfico intenso dende hai horas.

En paralelo ás longas ringleiras de coches, taxis e autobuses de camiño ao recinto, circulan regueiros de persoas que optaron por ir a pé ata os concertos.

Prevense máis de 40.000 persoas cada día polo monte do Gozo para desfrutar da música de artistas como Guadi Galego, C. Tangana, Nathy Peluso ou Jason Derulo, entre moitos.

Tempo incerto para os días de festival

Logo do accidente da semana pasada, o festival conseguiu repoñerse e manter a programación prevista.

A preocupación do público está estes días de concertos polas nubes, concretamente as máis grises, que anticipan unha fin de semana de tempo incerto con risco de chuvias trebóns.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade