Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un condutor que cuadriplicaba a taxa de alcolemia cae co coche por unhas escaleiras en Vigo

Un condutor que cuadriplicaba a taxa de alcolemia cae co coche por unhas escaleiras en Vigo

O turismo precipitouse na madrugada do sábado nas escaleiras da ermida do monte da Guía

As probas deron un resultado de 1mg/l

 

Vehículo atrapado nas escadas da ermida da Guía en Vigo
G24.gal 01/12/2024 17:58

Un condutor de nacionalidade portuguesa tivo unha fin de festa accidentada este sábado. Rematou a noite co seu turismo caendo polas escaleiras do monte da Guía en Vigo.

Ao parecer o home chegou ao alto da ermida tras perderse, pero acabou precipitándose co coche pola escalinata ata quedar atrapado.

Ata o lugar desprazáronse axentes da Policía Local de Vigo que lle realizaron a proba de alcoholemia que deu un resultado de 1mg/l, o que supón cuadriplicar o límite permitido para conducir vehículos a motor e mesmo incorrer nun delito penal.

O home non presentaba feridas e o coche permaneceu varias horas no lugar á espera da chegada dun guindastre portugués para trasladalo ao seu lugar de residencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade