Publicador de contidos
Publicador de contidos

Liberan dúas mulleres tras saír da vía e envorcar o seu coche en Ribeira

Liberan dúas mulleres tras saír da vía e envorcar o seu coche en Ribeira

O accidente obrigou a cortar a estrada desde Moldes cara ao hospital do Barbanza

As dúas ocupantes do turismo quedaron feridas e ingresaron no centro médico con prognóstico reservado

O turismo accidentado envorcado na metade da estrada AC-302 que vai de Moldes cara o hospital en Ribeira O turismo accidentado envorcado na metade da estrada AC-302 que vai de Moldes cara o hospital en Ribeira
G24.gal 01/12/2024 13:35

Dúas mulleres quedaron feridas con prognóstico reservado tras írselles da vía o vehículo en que viaxaban no quilómetro 5 da estrada AC-302, no concello de Ribeira.

O accidente sucedeu minutos despois das 11:00 horas deste domingo na parroquia de Oleiros, no treito que baixa desde o cruceiro de Moldes cara ao hospital do Barbanza. Foi un particular o que avisou do accidente e detallou que as dúas mulleres non eran capaces de saír polo seu propio pé.

Por causas que se investigan, a condutora do turismo perdeu o control do coche. O vehículo foise fóra da estrada para rematar envorcado na metade da vía.

A central de emerxencias deu aviso aos profesionais sanitarios, os bombeiros de Ribeira e Boiro, a Garda Civil, o GAEM e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ribeira.

Os bombeiros de Ribeira, cando chegaron auxiliaron as feridas que, finalmente, foron evacuadas en ambulancia polo persoal sanitario. A pasaxeira pediu saír polo seu propio pé do coche, pero a condutora permanecía atrapada polo que a tiveron que liberar.

Dúas ambulancias trasladaron as lesionadas cara ao hospital para realizarlles unha valoración dos danos que presentaban. Como consecuencia do accidente precisouse cortar a estrada nese treito, polo que se habilitou un desvío.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade