Publicador de contidos
Publicador de contidos

A aldea abandonada de Bexán cobra vida grazas a fotografías antigas dos seus veciños

A aldea abandonada de Bexán cobra vida grazas a fotografías antigas dos seus veciños

Grazas á fotografía, esta aldea semiabandonada do Saviñao revive o seu esplendor de antano

Instantáneas en branco e negro dos antigos veciños dan vida ás 17 casas de Bexán. Chegou a haber 130

Chegaron a ser 130 veciños; hoxe só queda unha persoa nesta vila con vistas de luxo da Ribeira Sacra

G24.gal 16/11/2021 21:47

Andrés é de Barcelona, pero non cambia Bexán por nada. É o único habitante desta pequena aldea do Saviñao. Agora ve con satisfacción como esta mostra coas fotos dos antigos veciños nas paredes das casas en que viviron dá vida de novo a este fermoso miradoiro do encoro de Belesar.

Chegou a Bexán porque é a aldea da súa muller e leva aquí máis de dous anos. En 2020 morría o derradeiro veciño dos de sempre. Esta iniciativa, segundo conta, emociona a xente que viviu na aldea e os familiares que a visitan estes días.

Esta iniciativa da asociación Sacra Art pretende ser unha chamada de atención ante o despoboamento que afecta milleiros de núcleos galegos e tamén unha homenaxe aos habitantes do noso rural.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade