Publicador de contidos
Publicador de contidos

A alternativa pola N-120 se neva en Pedrafita non convence os transportistas

A alternativa pola N-120 se neva en Pedrafita non convence os transportistas

Quéixanse de que o desvío sumará tempo e custos nos desprazamentos

Volven reclamar a urxencia da A-76, que uniría Ponferrada e Ourense

G24.gal 30/09/2022 14:54

Chove sobre mollado na ruta Ponferrada-Ourense. Úneas a estrada N-120, en vez dunha autovía pola que levan agardando case vinte anos. E agora temen que os problemas de comunicación empeoren se teñen que asumir o tráfico desviado cando neva en Pedrafita.

Ata que se arranxe o viaduto do Castro na A-6, a zona quedará restrinxida ao tráfico pesado se hai neve. Os camións terán que desviarse pola N-120 entre Toral de los Vados (León) e Lugo, un aumento de tráfico que preocupa en Valdeorras. 

"Vai ser unha situación moi complicada" di a presidenta da asociación de empresarios, Araceli Fernández. Vai ser un caos de tráfico, non se vai poder circular", engade Amadeo Rodríguez, transportista.

E é que, ademais, din que perderán tempo e cartos porque terán que "dar un rodeo de 30-40 quilómetros".

Esperan que esta crise sirva polo menos para que comecen as obras desa autovía que levan anos esperando. "Creo que é un bo momento para reivindicar a A-76" di o transportista Antonio García. "Sería unha perfecta alternativa, rápida e eficaz", engade. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade