Publicador de contidos

Publicador de contidos

A área de Ourense rexistra máis de 200 contaxios, a cifra máis alta desta vaga

A área de Ourense rexistra máis de 200 contaxios, a cifra máis alta desta vaga

Na cidade diagnosticáronse 989 casos nos últimos 14 días

A área rexistrou cinco vítimas mortais esta semana

A última vítima mortal, un home de 69 anos, faleceu no hospital de Ourense
G24.gal 04/12/2021 20:52

A área de Ourense ten 1.926 persoas que están pasando a covid. É a que primeiro comezou a subir nesta vaga, como xa pasou en anteriores, e nas últimas horas rexistrou 209 contaxios, unha cifra que non acadaba desde mediados de xullo. A maioría dos casos están na capital, en Barbadás e no Carballiño. O xerente desta área, Félix Rubial advertía que a situación é preocupante: 

De seguir así, se non media ningún tipo de actuación, prevemos que en 10 días poidamos estar duplicando os 2.000 casos que temos nestes momentos.  Temos unha situación epidemiolóxica complicada. Estamos a medrar a unha velocidade que xa case non lembrabamos, a 200 casos novos por día, e isto empeza a traducirse nestes momentos nun aumento da presión hospitalaria. Desgraciadamente se as cousas seguen así traducirase nun incremento tamén da mortalidade.  

Ourense ten 53 persoas coa covid ingresadas. Hai un mes había 10 pacientes, e só un crítico na UCI onde agora hai 7 .  A última vítima notificada foi un home de 69 anos, e durante esta semana faleceron en Ourense outras catro persoas infectadas.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade