Publicador de contidos
Publicador de contidos

A área de Vigo notifica 785 contaxios, case 200 menos ca onte

A área de Vigo notifica 785 contaxios, case 200 menos ca onte

Vigo e a súa área sanitaria teñen xa 13.559 persoas contaxios

A incidencia acumulada do concello de Mos achégase á barreira dos 2.500

Casa do concello de Mos
G24.gal 07/01/2022 13:53

 "Esta mañá aquí fixéronse oito autotests de antíxenos e de todos eles un deu positivo", comenta María del Pilar Rodríguez, farmacéutica.

O goteo de positivos é continuo. Este que acaban de detectar nesta farmacia de Mos aparecerá no cómputo de mañá. No de hoxe publicáronse 785 casos novos, polo que a área de Vigo ten 13.559 persoas infectadas, unha progresión diaria que non atopa fin, que fai que algunha xente desconecte.

"Ao longo da historia, sen contar esta, xa houbo 13 pandemias, ou sexa que esta será unha máis e, se as outras pasaron, esta pasarémola tamén", explica un veciño de Mos.

 "Non é unha preocupación de hai un ano, desapareceu un pouco ese medo que había, non?", apunta outro.

Mos é un dos concellos da área coa incidencia máis elevada. Hai 2.429 casos por cada cen mil habitantes. Dos 369 positivos, 216 detectáronse esta última semana grazas á realización de probas diagnósticas. Nesta farmacia piden ao Goberno que interveña no prezo dos tests de antíxenos.

"Isto é un escándalo, están ofrecendo tests por todas partes, e iso non é así. Neste momento é unha necesidade, estamos nunha situación moi difícil e temos todos que arrimar o ombro", pide María del Pilar Rodríguez, farmacéutica de Mos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos