Cargando resultados...
A área sanitaria de Vigo supera os 200 contaxios en 24 horas
A área sanitaria de Vigo supera os 200 contaxios en 24 horas
Cribado masivo en Salceda de Caselas
Aumentan as hospitalizacións e os ingresos na UCI
G24.gal
01/12/2021 14:26
Na área de vigo son 1.652 os pacientes con infección activa.
Nas zonas máis afectadas están realizando cribados, como en Salceda, cun gromo detectado nun colexio de primaria.
Das tres aulas afectadas só unha está pechada e non hai ningunha hospitalización, por iso as autoridades chaman a asistir aos cribados, porque os casos asintomáticos son a maioría.
Tamén en Vigo hai cribados sen cita previa nos puntos de atención móbil.