Publicador de contidos
Publicador de contidos

A arte toma a parroquia de Vide, nas Neves

A arte toma a parroquia de Vide, nas Neves

O proxecto Mulleres extra muros trata de achegar distintas disciplinas artísticas ao rural

G24.gal 28/09/2023 21:39 Última actualización 28/09/2023 21:59

A arte contemporánea toma estes días os espazos públicos da parroquia de Vide, nas Neves. O proxecto Mulleres extra muros trata de achegar distintas disciplinas artísticas ao rural nunha aposta polo poder transformador da cultura. 

A antiga escola unitaria de Vide volve florecer grazas á arte. Este mural, da galega Doa OA, é unha das sete actuacións do proxecto Mulleres extra muros. É a segunda edición deste proxecto promovido pola Deputación de Pontevedra en colaboración, neste caso, co Concello das Neves.

Xoana Almar e Miguel Peralta, de Cestola Na Cachola e Carola, elixiron traballar na casa da comunidade de regadores coa técnica do esgrafiado con area cal e auga. Nuria Villa e Alberto brandón apostaron por plasmar a unión veciñal na súa creación. Carmen Nogueira, Ana Soler, Lucía Loren e Iva Viana completarán o resto de intervencións, que inclúen traballos con cerámica ou xeso noutras localizacións da parroquia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade