Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha editorial e unha galería galegas participan nesta edición de ARCO

Unha editorial e unha galería galegas participan nesta edición de ARCO

A galería Nordés e Ediciones Vilaseco expoñen as súas obras na Feira Internacional de Arte Contemporánea

A organización prevé recibir máis de 95.000 visitantes ata o domingo

G24.gal 06/03/2025 21:11

Máis de 40 anos leva celebrándose en Madrid a Feira Internacional de Arte Contemporánea. Nesta edición, ARCO ofrece postos de arredor de 200 galerías con artistas de 36 países. E atopamos presenza galega.

É o caso da coruñesa galería Nordés, que acode por sexta vez. Trae traballos de Pablo Barreiro, Rosendo Cid, Julia Huete, Ánxel Huete ou Chelo Matesanz

E, botando unha mirada a Arts Libris, a sección de publicacións de arte, damos tamén cunha proposta galega, a  tamén coruñesa Ediciones Vilaseco, con coidadas obras orientadas ao coleccionismo. Un exemplo é 'Caixas de música', de Luis Díaz Díaz, que recupera os palcos de música no rural das catro provincias.

Outros artistas galegos veñen da man de galerías estranxeiras para aproveitar esta oportunidade de visibilizar a súa obra. E queda tempo. As portas de ARCO permanecerán abertas ata este domingo vindeiro. Prevén recibir case 100.000 visitantes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos