Publicador de contidos
Publicador de contidos

Arte contemporánea para retratar os 91 anos de Manuel

Arte contemporánea para retratar os 91 anos de Manuel

Un grafiteiro profesional homenaxea o seu avó cun mural en Begonte

G24.gal 11/06/2023 19:31 Última actualización 11/06/2023 19:52

Quen faga o Camiño Norte de Santiago, cando atravese o concello de Begonte, vai pasar por diante dun graffiti que retrata un zoqueiro sorrindo. É o Manuel, avó do Rubén, un mozo de 32 anos que se dedica profesionalmente á pintura.

Asegura que herdou a destreza do seu avó, que posúe un talento, aínda que no seu caso foi a forza de traballo. Hai dous días, rematou a obra e Manuel quedou encantado.

Como se deduce do retrato, o protagonista foi zoqueiro, pero tamén policía, escultor, pintor, gandeiro e agricultor.

Agora, vendo o traballo do neto, asegura que vai retomar o pincel. De feito, xa se vai atrevendo cos sprays. Boa sintonía, amor e moita admiración entre ambos os dous.

Agora a parede estará orfa ata que Rubén cumpra coa débeda de retratar tamén a súa avoa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade