Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os bombeiros de Lugo homenaxean a Paula Alvarellos no día do seu patrón

Os bombeiros de Lugo homenaxean a Paula Alvarellos no día do seu patrón

Suspenden os actos festivos e realizan un desfile silencioso para gardar un minuto de silencio na praza Maior na memoria da alcaldesa falecida hai uns días

Os bombeiros de Lugo gardan un minuto de silencio por Paula Alvarellos coa corporación municipal
G24.gal 08/03/2025 20:23 Última actualización 08/03/2025 20:45

Os bombeiros de Lugo suspenderon os actos para commemorar o seu patrón por causa do falecemento da alcaldesa pero decidiron renderlle, ademais, unha homenaxe a Paula Alvarellos.

Unha representación dos seus efectivos con tres camións do parque de bombeiros da cidade percorreron a avenida da Coruña, a ronda da Muralla para rematar na praza Maior, nun desfile con luces pero sen sirenas.

Alí os bombeiros baixaron dos vehículos e tras seren recibidos pola corporación municipal, co alcalde accidental á fronte, gardaron un minuto de silencio na memoria de Paula Alvarellos. Logo regresaron ao Parque Municipal de Bombeiros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade