Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre en Sarria o condutor dun vehículo que saíu da vía e acabou incendiado

Morre en Sarria o condutor dun vehículo que saíu da vía e acabou incendiado

Ao chegar ao lugar, os servizos de emerxencia confirmaron que no interior do vehículo, completamente calcinado, estaba o corpo sen vida dunha persoa

Lugar do sinistro, na parroquia de Vilar de Sarria
G24.gal 08/04/2025 18:59

Unha persoa morreu nun accidente de circulación que tivo lugar ás cinco e media da tarde deste martes en Sarria, concretamente no quilómetro 16,535 da estrada LU-P-5602 (Vilar de Sarria). Segundo informa a Garda Civil o sinistro consistiu nunha saída de vía e o posterior incendio do vehículo que conducía a vítima. Era o único ocupante do mesmo. 

Imaxe do lugar en que ardeu o vehículo do falecido Imaxe do lugar en que ardeu o vehículo do falecido

Varios particulares que circulaban pola zona alertaron de que o vehículo estaba a arder e de que podería haber unha persoa no seu interior.

O 112 Galicia recibiu o aviso de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e solicitou a intervención dos bombeiros de Sarria, así como dos axentes da Garda Civil, da Policía local e dos efectivos de Protección Civil.

Ao chegar ao lugar, os servizos de emerxencia confirmaron que no interior do vehículo, completamente calcinado, estaba o corpo sen vida dunha persoa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade