Publicador de contidos

Publicador de contidos

A artista Noelia Aragundi embelece unha granxa de Paradela cun novo mural

A artista Noelia Aragundi embelece unha granxa de Paradela cun novo mural

Na mesma explotación leiteira xa traballara Diego As, cunha obra de arte urbana de gran formato

A pintura, duns dez metros cadrados, representa un cabalo rampante
Félix Aragunde. Imaxe: Jose Lamas. 28/03/2025 14:02

Un elemento importante hoxe en día nas explotacións gandeiras é a súa aparencia. A través dos traballos encargados aos artistas urbanos, conséguese darlles un toque innovador, como se pode apreciar na Gandería Faustino, na parroquia paradelense de Castro de Rei de Lemos. Se o gando vacún foi o protagonista do mural realizado por Diego As, o cabalar é o que está a plasmar Noelia Aragundi no interior da granxa.

"Fixen unha montaxe cun cabalo, que debía estar coas patas levantadas, e integrei unha cerca co logo da gandería nunha lona colgada, coma nun todo realista", explica a artista padronesa Noelia Aragundi. 

"Como boto moitas horas na oficina, facendo a xestión da granxa e demais, que menos que facerlles unha pequena homenaxe nun mural. Fóra xa temos as vacas, e ao cabalo quería darlle ese pequeno espazo, xa que no meu día a día forma unha parte moi importante", sinala o gandeiro Diego González. 

En 2022, con tan só 21 anos, o titular da explotación fora pioneiro na aposta polos murais de arte urbana. Mesmo antes de que Diego As fose un artista consagrado, encargáralle unha obra de 100 metros cadrados.

"Vin a parede moi grande, e probamos. Gustoume, gustoulle moito á xente, e decidín seguir na oficina. E a idea é seguir pouco a pouco", engade Diego. 

En breve, prevese que o novo mural luza xa rematado, co fin de lle dar á granxa outro toque aínda máis colorido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade