Publicador de contidos
Publicador de contidos

Reabre o Museo Carlos Maside tras sete anos de restauración

Reabre o Museo Carlos Maside tras sete anos de restauración

A Xunta empezará os trámites para declarar BIC o Museo Carlos Maside

O edificio foi rehabilitado con participación da Xunta

G24.gal 17/07/2023 15:31

Sete anos despois, o Museo Galego de Arte Contemporánea Sargadelos-Carlos Maside abre as súas portas de novo. E faino logo da restauración do edificio deseñado por Andrés Fernández- Albalat, en pé dende 1982. O inmoble é coherente cunha colección enorme de arte, que comeza por Castelao e chega aos nosos días. 

Agora no Castro xa se poden visitar os tres andares deste museo, o segundo dos proxectos do Laboratorio de Formas. Todo aquí saíu fundamentalmente de Díaz Pardo e Luís Seoane. Un concepto global vangardista en liña cunha marca aínda en activo, con valor económico e cultural. 

O conselleiro de Cultura aproveitou para anunciar que a Xunta fará a incoación para declarar como BIC, Ben de Interese Cultural, tanto o edificio como as pezas máis representativas da colección do Museo Galego de Arte Contemporánea Sargadelos-Carlos Maside.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos