Publicador de contidos

Publicador de contidos

Jesús Castro Yáñez: "Non concibo o binomio entre poesía intimista e social, os meus versos tentan verterse cara ao mundo"

Jesús Castro Yáñez: "Non concibo o binomio entre poesía intimista e social, os meus versos tentan verterse cara ao mundo"

Outroutro, publicado por Chan da Pólvora, é o novo poemario do autor tras oito anos sen publicar poesía

Yáñez quería un libro cos mínimos vínculos persoais, un libro asociativo, fóra do autor e fóra do propio libro, pero dentro do mundo

Outroutro constrúese cunha mirada que esvara sobre feitos cotiáns como se fosen constelacións de significado comunal

G24.gal hai que reclamar o técnico como algo político creo na xustaposición hai algo nos ocos entre as palabas que se coen novos significación 24/04/2025 14:47 Última actualización 24/04/2025 17:35

No mesado na cociña abres un limón ao medio e entón sucede. Érguese un círculo de voces  -mira como puxeches todo- que clama: que faremos agora con tanta luz?. Son versos que Jesús Castro Yáñez escribe seu novo poemario: 'Outrooutro'.

Di o autor que o libro foise escribindo aos poucos, en moitas casas e lugares, en moitos papeis e pantallas, foi cambiando, fíxose outro, e que tamén el polo camiño outro, outroutro. Tamén di na contracapa que quería que o seu libro fose textura máis que texto. Jesús Castro Yáñez constrúe o seu novo poemario cunha mirada que se despraza sobre feitos cotiás, o silencio, a acción inmóbil ou a modestia dos instante íntimos. Como nun intento de aprender a nomealo todo.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade