Arxentina xoga o pase nun partido agónico contra Polonia
Arxentina xoga o pase nun partido agónico contra Polonia
Scaloni: "Se non gañamos nós, quero que o faga Brasil"
Arxentina xoga a súa clasificación para oitavos, será ante Polonia. A albiceleste precisa a vitoria ou podería valerlle un empate, pero pendente do que pase no outro partido do grupo C, o que disputan as seleccións de Arabia Saudita e México.
Á Polonia de Lewandowski chégalle un empate para clasificarse. O seleccionador arxentino, Lionel Scaloni, sabe do potencial dos polacos e ante a rivalidade con Brasil asegurou que está contento polo pase á seguinte rolda da Canarinha.
Outro dos implicados na pelexa polo pase é México. O seu adestrador, o Tata Martino, eloxiou o estilo de xogo de España. Dixo que o conxunto de Luis Enrique propón un fútbol distinto. O seleccionador de México sitúa a España como favorita para gañar o Mundial de Qatar.