Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Asociación Galega de Aspérger reclama apoio para as persoas con este trastorno

A Asociación Galega de Aspérger reclama apoio para as persoas con este trastorno

Achégase o Día Internacional da Síndrome de Aspérger e este sábado celebrouse o primeiro acto conmemorativo en Santiago.

 

O obxectivo é visibilizar este trastorno do espectro autista e facilitar a integración das persoas que conviven con el.

G24.gal 11/02/2023 16:44 Última actualización 11/02/2023 17:03

O diagnóstico da síndrome de aspérger chegoulle a Xosé  Manuel con 26 anos. Hoxe dálle voz ao manifesto do da internacional deste trastorno do espectro autista.

O diagnóstico foi un alivio para min porque xa sabía que as cousas que me preguntei durante anos tiñan un porqué, e a partir de aí comezar a delimitar o meu ámbito de actuación para poder desenvolver aquelas ferramentas que aínda non tiña desenvoltas.

Con esta xornada, desenvolta en Santiago, a Asociación Galega de Aspérger reclama visibilidade para as persoas con este trastorno. Piden empatía para entender as dificultades que teñen na comunicación non verbal e na interacción social; e compromiso para atender as súas necesidades.
 

Estamos aquí porque vai ser o Día Internacional do Aspérger e é unha maneira de empoderar as persoas que teñen o diagnóstico. Eles poden estar de forma autónoma convivindo coa comunidade, traballando e tendo unha vida plena pero hai que pedir ese apoio para que a xente os entenda, di Mercedes Fernández, presidenta da Federacíón de Autismo.

Teñen un cociente intelectual igual á media e cos apoios  axeitados poden acadar unha formación e emprego similar.


Imos continuar apoiándoos dende o berce ata o bastón, acompañándoas dende a infancia nese diagnóstico, nese tratamento. No ano 2009 había dúas unidades de atención temperá que cumprían 15 concellos galegos, a día de hoxe hai máis de corenta unidades de atención temperá que atenden a máis de 200 concellos, di Fabiola Martínez, conselleira de Política Social.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade