Publicador de contidos
Publicador de contidos

A asociación de panadeiros pide ampliar a definición de 'pan común' para que todas as variedades se beneficien da rebaixa tributaria

A asociación de panadeiros pide ampliar a definición de 'pan común' para que todas as variedades se beneficien da rebaixa tributaria

O Goberno prorrogou ata setembro a supresión do IVE para o 'pan común'

En setembro o IVE subirá ao 2 % e a finais de ano regresará ao superreducido do 4 %

G24.gal 28/06/2024 13:52

O encarecemento dos alimentos levou o Goberno a manter a supresión do IVE en produtos básicos como o pan ata setembro, cando empezará a subir paulatinamente. Primeiro co 2 % e logo a finais de ano volverá ao superreducido do 4. As asociacións de panadeiros pídenlle ao Goberno que outras variedades de pan, como os integrais ou sen glute, aos que lles está a aplicar o 10 por cento, se poidan acoller ao gravame do pan considerado común.

O sector da panadería quere o que veñen en chamar 'democratizar' o pan e que todas as variedades sexan consideradas produto de primeira necesidade e se lles aplique a mesma tributación. César Fieiras, presidente da Federación Galega de Panaderías di que sería moi interesante sobre todo para a xente con intolerancias ou para os pans integrais, moi consumidos actualmente para dietas e por xente maior, que se puideran beneficiar da rebaixa no IVE.

Porque hai moitos consumidores que se decantan por outras opcións. "A maioría mercan pan común, pero outros levan pan sen sal, integral, de masa nai....", coméntanos a rexedora dun pequeno supermercado". Eu compro pan do país ou de centeo", di un veciño de Lugo.

Pídese tamén para todos os pans sen glute. "É que os produtos para a intolerancia ao glute son carísimos".

O Goberno prorrogou este martes a supresión do IVE no pan común. César Fieiras di que esta medida axuda a manter o consumo de pan no sentido que ao consumidor lle chega a un mellor prezo.  

O tipo impositivo do pan común subirá progresivamente. En setembro aplicarase o 2 % e a final de ano volverá ao superreducido do 4.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade